Radio Arzúa Online

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO POLA EMISION DE PUBLICIDADE A TRAVÉS DA EMISORA DE RADIO MUNICIPAL. 

Artigo 1.- Concepto 

De conformidade co previsto no artigo 117, en relación co artigo 41, suposto B), ambos da Lei 39/88, de 28 de decembro, e tendo en conta tamén o disposto no artigo 3%, número 2 da Lei 11/1991, do 8 de abril, de Organización e Control das Emisoras Municipais de Radiodifusión Sonora, este Concello establece o prezo público pola prestación dun servicio consistente na emisión de publicidade a través da radio municipal, que será esixido conforme ó disposto na presente ordenanza.

Artigo 2.- Obrigados ó pago 

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza as persoas e entidades que se beneficien dos servicios de publicidade referidos no artigo anterior, e segundo as disposicións da presente Ordenanza.

Artigo 3.- Contía 

O importe do prezo público regulado nesta Ordenanza fixarase nas seguintes tarifas:

  1. I) Por anuncios publicitarios a razón de dúas cuñas diaria, en diferentes horarios de emisión, que deberán ser contratados con carácter mensual= 66 Euros; mentras que si a contratación se realiza trimestralmente gozarán dunha bonificación do 20%, quedando en consecuencia cifrado en 142 Euros. Se a contratación se realiza anualmente terá un custo de 568 Euros. 
  2. II) Tratándose de programas curtos (de duración máxima de 15 minutos), a razón de dúas promocións ou referencias en cada programa de emisión diaria, que deberá ser contratado con carácter mensual = 72 euros; mentras que se a contratación se realiza con carácter trimestral gozaría dunha bonificación do 20%, quedando en consecuencia cifrado en 179 euros. 1 ano = 716 Euros.

III) Tratándose de programas longos (de máis de 15 minutos de duración), a razón de tres promocións con carácter mensual = 120 euros; mentras que se a contratación se realiza con carácter trimestral gozaría dunha bonificación do 20%, quedando en consecuencia cifrado en 289 euros.

  1. IV) Sección de necrolóxicas: patrocinio anual, con dereito a unha referencia en cada programa = 360 euros.
  2. V) Patrocinio do programa «Arzúa en xogo».- Os luns e venres e outros días en que exista algún acontecemento deportivo de relevancia. Patrocinio anual, con dereito a dúas referencias en cada programa: 360 Euros.
  3. VI) Por anuncios publicitarios de mercavenda de inmobles ou outros enseres, a razón de dúas inserccións diarias en horario de mañá e tarde que deberán ser contratados con carácter semanal= 12,00 euros; ou mensual= 30,00 Euros.

Todos estos prezos serán incrementados co IVA vixente no momento en que se formalice o contrato.

Artigo 4.- Normas de xestión 

1.- As cantidades esixibles con arreglo ás tarifas liquidaranse por razón de cada emisión publicitaria, e abonaranse con anterioridade a dita emisión en calquera das contas bancarias que ten aberto este Concello; e elo en base á autoliquidacion que deberá presentar o interesado nesa entidade bancaria; no modelo que a tal efecto será faciliatado, e cumplimentado polo director da emisora.

2.- As persoas ou entidades interesadas na difusión de espacios publicitarios deberán solicitar previamente a especificación de cuña publicitaria ou da promoción comercial interesados, así como o período de duración polo que se pretende contratar; e elo mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, que trasladará seguidamente ó encargado da emisora de radio para a súa valoración previa.

3.- A autorización da emisión será competencia do Sr. Alcalde, ou en outro caso, do Concelleiro en quen delegue, que teña atribuidas competencias en relación co servicio de radio municipal; procedendose seguidamente a firma de un contrato entre a persoa ou entidade interesada na emisión de publicidade e o propio director da emisora, ou persoa adscrita ó servicio que designe o Pleno do Concello.

4.- As cuñas publicitarias emitiranse sen que se interrumpa a continuidade dun programa, salvo no caso de que dito programa sexa patrocinado pola mesma casa comercial titular da cuña.

5.- No mesmo bloque publicitario non se poderán insertar cuñas de publicidade de casas comerciais que traballen no mesmo ámbito de competencia.

6.- Cando se solicitase a emisión dalgún anuncio publicitario, ou dalgún patrocinio de programas por casas comerciais, que considere que poden atentar contra a Constitución, as leis, as persoas ou a moral ou as boas cotumes, quedará en suspenso a resolución acerca da súa emisión, ata que se pronuncie ó respecto o Pleno do Concello.

7.- O Alcalde, actuando como representante legal do Concello, reservase o dereito a dispor a emisión de aqueles anuncios, cuñas ou spots publicitarios que xuzgue oportuno, por considerar que poideran prestar un servicios público ós veciños ou resultar de interese para a colectividade local; que deberá emitirse en momentos que non perxudiquen as emisións sobre publicidade que xa estivesen contratadas.

8.- Toda a publicidade que se pretenda emitir a través da emisora municipal de radio deberá facerse en galego.

Artigo 5.- Obriga de pago 

1.- As obligacións de facer frente ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende o momento da firma do contrato que ampara a publicidade solicitada; cuio momento determina o inicio da prestación do servicio.

2.- Cando por causas non imputables ó obrigado ó pago deste prezo público- o servicio solicitado e autorizado non poida ser prestado, procederá a petición do interesado a devolución do importe correspondente que fora satisfeito, sen máis requisito que a práctica doutra liquidación xa pola diferencia ou polo total prezo público cobrado.

Artigo 6.- Modificación de tarifas 

A contía das tarifas previstas nesta ordenanza poderá ser incrementada na porcentaxe que se determine a través do índice de prezos ó consumo que publica o Instituto Nacional de Estadística (ou organismo que asuma a competencia), referido o período anual inmediatamente anterior ó exercicio en que deban aplicarse as novas tarifas.

Bastando para elo o acordo que o efecto se adopte polo Pleno do concello, con anterioridade ó comenzo de dito exercicio, con comunicacion desta previsión as persoas ou entidades que tivesen contrato en vigor naquel momento.

Se ben, para o suposto de que a xuizo do señor alcalde se considere convinte non levar a cabo ese incremento de tarifas, durante algún ou algúns exercicios (de conformidade cos índices de prezos ó consumo) poderá ser acumulado, para a súa aplicación xunto co índice correspondente a aquel período inmediatamente anteriro, o do exercicio en que se precise incrementar as tarefas.

Disposición final 

A presente ordenanza -tal como quedou modificada- entrará en vigor unha vez fora publicado íntegramente o seu texto no Boletín oficial da Provincia, e transcurrise o prazo de 15 días hábiles a que se refire o artigo 70, número 2, en relación co artigo 65, número 2, da Lei 7/1985, de 2 de abril, e comenzará a aplicarse a partir do día seguinte a aquel en que esto se cumpla, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derogación.

NÚMERO DE CONTA DO CONCELLO

2091036990311000023

CIF DO CONCELLO

P-1500600 J

ENDEREZO DA RADIO

RÚA Padre Pardo Nümero 33   1º P

Arzúa (A Coruña)

CP 15810