Radio Arzúa Online

Historia de Radio Arzúa

A Radio Pública de Arzúa fixo a súa primeira emisión o 16 de setembro de 1995. Era alcalde Manuel Moscoso López. Dende entón, esta emisora, levou a cabo unha emisión ininterrrompida cunha ampla e variada programación dando sempre predilección aos contidos máis próximos e locais.

Contou cunha plantilla de máis de medio cento de colaboradores exercendo de maneira desinteresada.

No transcurso destes 25 foi galardoada por EMUGA (Asociación de Emisoras Municipais Galegas) co premio á mellor reportaxe cun programa titulado “Arzúa Terra do Queixo Pórtico de Compostela”.

Foi XX Premio de Xornalismo e Comunicación Galo de Curral Vila de Cruces o ano 2019 e Arzuá do Ano no 2020 en Arzúa con motivo do seu 25 aniversario.